![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
| + info | + info | + info | + info | + info |
Finisterre, ao final do Camiño de Santiago, é a Estrela Oscura, a derradeira estrela da Vía Láctea. Ata non se sabe canto tempo antes do Cristianismo foi punto de magnetismo misterioso que fixo chegar ás terras galegas, moitas e variadas culturas dos pobos indo-europeos. Isto foi semilla para o desenrolo dunha música única, toda ela nada de motivacións máxicas. Este traballo é unha pequena antoloxía de pezas tradicionais de diferentes épocas e raices. Na sua elaboración partimos das partituras existentes nos distintos cancioneiros. Non nos propusimos face-lo dun xeito ortodoxo; mais ben guiados (dunha maneira subxetiva) po-la sensibilidade da que é pusuidora esta terra.
| Temas | |
| Festas de Loor (Alfonso X O Sabio) | Cantiga V (Martín Codax) |
| Danza do Rosal (Popular) | Romance de Doña Eusenda (Anónimo) |
| Danza das Espadas (Popular) | Cabalgata de Rivadavia (Popular) |
| La Pernette (Anónimo francés) | A Casadiña Infiel (Popular) |
| Carballesa (Popular) | Cantiga II (Martín Codax) |
| Arranxos e adaptación: Xoan Piñón, Bernardo Martínez, Miro Casabella | |
Polaridade é un disco clave na edición musical galega pois, por primeira vez prodúcese unha perfecta fusión entre a música tradicional e as formas de interpretación contenporáneas (composición, improvisación en estudo...). Instrumentos eléctricos, tradicionais e a tecnoloxía dixital únense para crear un son persoal que definirá as tendencias da música galega nos anos posteriores.
| Temas | |
| Viva Ramón (Xoan Piñón) | |
| Ce Fu en Mai (Medieval francés). Arranxos Carlos Castro | |
| Resa Med Lekaré (Popular sueco). Arranxos Carlos Castro | |
| Cantiga XV (Alfonso X El Sabio). Arranxos Xoan Piñón, Carlos Castro | |
| Canción dos Piratas (Popular alemán). Arranxos Xoan Piñón, Carlos Castro | |
| Danza de Marte (Alfonso X O Sabio). Arranxos Xoan Piñón, Carlos Castro | |
| Baile de Pandeiras (Popular galego). Arranxos Xoan Piñón, Carlos Castro | |
| Forcarey-122 (Pop. galego, Alfonso X O Sabio). Ar. X. Piñón, Carlos Castro | |
| Cantiga 77 (Alfonso X O Sabio). Arranxos Xoan Piñón, Carlos Castro | |
| Brandle de Poitou (Tradicional francés). Arranxos Carlos Castro | |
| Marcha de Viandantes (Alfonso X O Sabio). Arranxos Carlos Castro | |
Disco de fusión no que se mesturan distintos estilos, Folk, Jazz, Música Contemporánea. Ten un gran traballo de investigación sobre formas sonoras e adaptación musical de temas populares sobre estructuras musicais pouco comúns na música popular galega.
| Temas | |
| Vala | |
| Perfiles | |
| Calixto II | |
| Cantiga 143 | |
| The Galtee Reel | |
| Maio | |
| O Tempo do Antroido | |
| Allemande | |
| Danza de Palos | |
| Cantiga Provenzal | |
"ARBORETUM" Manifesto no que GALICIA identifica-se cun xardín botánico como reserva
biolóxica, social e cultural dun país productor dos elementos básicos para a vida.
DOA, coa sua filosofía de facer música pola mera satisfacción de crear e sin someterse
ás habituais presións do mercado, compoñense novos temas e adaptan a música medieval
e popular libremente sobre as suas bases melódicas, improvisando no estudo de gravación
e con modos de expresión contemporáns.
Tras un paréntese no tempo, no que se adican a compoñer na intimidade,
presentan un traballo distinto as correntes imperantes na música galega,
apostando pola innovación, composición e unha interpretación coidada nos matices.
Cun corte neoclásico e uns arranxos labourados, alguns temas, confiren a este disco
una profundidad similar a música de cámara.
| Temas | |
| A Mariña | (Xoan Piñón). Arr.: X. Piñón |
| Camiñando polo Tempo | (Basado en Cantiga Sta. María Alfonso X.). Arr.: X. Blanco, X. Piñón |
| Ancello do Silencio | (Basado en Cantiga Sta. María Alfonso X.). Arr.: X. Blanco, X. Piñón, B. Martínez |
| Reviravoltas | (Popular galego). Arr.: X. Blanco, X. Piñón, Bernardo Martínez |
| Como Soños de Nacre | (Popular galego). Arr.: X. Blanco, X. Piñón, Bernardo Martínez |
| Intro Cascaxeira | (Xoan Piñón). Arr.: X. Piñón |
| Cascaxeira | (Xoan Piñón). Arr.: X. Piñón |
| Fonte Espello da Lúa | (Popular galego). Arr.: X. Blanco, X. Piñón, Bernardo Martínez |
| Iréi a Ribadavia | (Popular galego). Arr.: X. Blanco, X. Piñón, Bernardo Martínez |
| Seadur | (Xaquín Blanco). Arr.: X. Blanco, X. Piñón |
| O Cabalo do Souto | (Bernardo Martínez, X. Piñón, X. Blanco). Arr.: X. Blanco, X. Piñón, B. Martínez |
| A Xiga do Paddy | (Popular irlandés). Arr.: X. Piñón, X. Blanco |
Vén o cervo guiando a luz dende oriente até o fin da terra, alí onde o sol se funde por amor no mar.
Vén a luz perfilar o pórtico glorioso baixo do que soan as secretas fontes,
e mesmo trazar a ponte en arco de medio punto que se fai eco da cantiga.
Vén o cervo-luz renacer no ritmo que anovado agroma do seu propio rastro.
Vén do silencio o son que florea na lira arbórea do corazón.
Lirica Rosa na que o orballo deita a súa escura claridade. Rosa que fai brisa e foxe a prol do vento
Cerva corría que non sabía dos cavorcos, altas herbas medrábanlle entre os peitos de impaciencia;
meteoros, retrincos do ceo vestíanlle as coxas e aínda a alma que verdeaba;
auga espida nos seus ollos, de lirios chea a súa ollada, cerva corría que non sabía dos cavorcos.
Ten sede o cervo e bebe mal de amor. Ferida que no cura. Na boca, unha herbiña dourada.
Na fronda dos cervos, os druídas conxuran a melancolía coa maxia das flores.
Todo danza en misteriosa harmonía.
O Maroot xace morto e envolto pola pel do cervo.
Un aire temperado.Unha corda que sostén o alento. Unha vibración eléctrica. Un brillo de metais
A raíz que percute contra o tempo.
Cómo chamar a iso que sustancia esta música, iso que con ela trae e con ela de nós leva,
algo inapreixable, mais que nos agalpa e xa nunca igual se toca?
Será a Ausencia que escintila? Será o Mar? Alto mar do mar levado.
| Temas | |
| VERDES HERBAS | 03:38 Música: Bernardo Martínez.
Texto: Pero Meogo |
| ESTES MEUS OLLOS | 03:33 Baseado na Cantiga de Sta. María. Alfonso X.
Texto: Johan García de Guilhade |
| LEVOUSA FREMOSA | 04:18 Música: Xoan Piñón. Texto: Pero Meogo |
| GRAN DEREIT | 03:58 Baseado na Cantiga de Sta. María. Alfonso X. |
| PORQUE NO MUNDO MENGUOU A VERDADE | 03:17 Música: Xosé Quintas Canella.
Texto: Airas Nunes |
| CANTIGA II DE MARTíN CODAX | 05:05 Baseado na Cantiga 2 de Martín Codax |
| VODA MOZáRABE | 03:40 Baseado na Cantiga de Sta. María. Alfonso X. |
| SEDIAME EU NA ERMIDA DE SAN SIMóN | 03:47 Música: Xosé Quintas Canella.
Texto: Meendinho |
| O MAROOT | 3:25 Baseado na Cantiga de Sta. María e un Lais
(Cantiga de Escarnio e Maldecir) |
| SANCTI IACOBI | 06:01 Baseado no Códice Calixtino |





